A Teatroteca é unha plataforma de préstamo de gravacións de espectáculos, dispoñible para usuarios do CDAEM. O préstamo en liña é gratuíto, limitado no tempo e sen ánimo de lucro.

O funcionamento da Teatroteca asimílase ao dunha mediateca pública, cun número limitado de exemplares por obra e un sistema de reservas de gravacións.

O obxectivo da Teatroteca é servir de recurso a docentes, estudantes, investigadores e profesionais, así como a afeccionados ás artes escénicas, que desexen ou necesiten visionar espectáculos dun catálogo que recolle unha selección de máis de corenta anos da historia escénica do noso país, rexistradas pola Unidad Técnica de Audiovisuales do INAEM. Todas as obras do catálogo da Teatroteca forman parte do arquivo audiovisual do CDAEM.

No seu catálogo, a Teatroteca conta con gravacións de obras clásicas e contemporáneas, dos máis diversos xéneros; tamén ofrece obras para a infancia e para a xuventude, así como unha selección de gravacións accesibles para persoas con discapacidade visual e auditiva.

Se desexa acceder ao préstamo da Teatroteca, pode facerse usuario do CDAEM seguindo os pasos que se indican en Rexistro